Shopify Flow

Automatiza todo e céntrate no teu negocio

Crea fluxos de traballo personalizados, sácalles máis partido ás túas aplicacións e fai que o teu negocio despegue.

Non tes unha tenda de Shopify? Abre unha gratis

Móstranse tres tipos de fluxos de traballo diferentes: un está "programado para executarse" e dous de "iniciar cando".
Un fluxo de traballo comeza a crearse usando o activador "Cantidade de inventario modificada" e actualízanse varias condicións e accións a medida que avanza.

Crea automatizacións de comercio electrónico con bloques sen código

Cos bloques sinxelos de activadores, condicións e accións, calquera pode crear un fluxo de traballo rapidamente.

Solucións a medida. Potencial ilimitado

Desde operacións sinxelas ata fluxos de traballo en varios pasos que se conectan coas túas aplicacións, Flow ofréceche a flexibilidade necesaria para automatizar tarefas repetitivas. Así poderás centrarte no teu negocio.

Xestión de inventario

Oculta os produtos do teu sitio web cando estean esgotados, volve pedir existencias de forma automática cando queden poucas e moito máis.

Ler a guía estratéxica de xestión de inventario 

Prevención de fraudes

Configura un fluxo de traballo que marque os pedidos de alto risco para non ter que revisalos manualmente un a un.

Ler a guía estratéxica de prevención de fraudes 

Fidelidade e retención

Identifica, fai un seguimento e recompensa á túa clientela segundo parámetros como o gasto total, o total de pedidos ou as subscricións, entre outros.

Ler a guía estratéxica de fidelidade e retención 

Xestión da preparación de pedidos

Revisa os pedidos de xeito automático e déixaos en espera ou libéraos para a preparación de pedidos en función de condicións preestablecidas. E moitas cousas máis.

Ler a guía estratéxica de preparación de pedidos 
O módulo "Modelos" da vista do panel de administración cos modelos de Flow dispoñibles por categorías.

Modelos listos para usar ao instante

Para que a túa empresa funcione con máis eficiencia, creamos modelos predefinidos sen código. Así poderás comezar a automatizar facilmente algunhas das túas tarefas habituais que máis tempo che rouban.

Programado para adaptarse a ti

Xa non necesitas que se produza un evento para executar un fluxo de traballo: coas automatizacións programadas, ti elixes cando extraer datos e executar informes. Un mundo cheo de posibilidades dentro de Flow.
Un fluxo de traballo comeza a crearse usando o activador "Cantidade de inventario modificada" e actualízanse varias condicións e accións a medida que avanza.

Sempre dispoñible, para que ti non o teñas que estar

Flow xestiona a presión das grandes campañas de rebaixas como o Black Friday Cyber Monday. Tamén se ocupa desas tarefas manuais que facilmente se esquecen para que poidas centrarte no que de verdade importa.
Unha muller sentada nunha máquina de coser traballa nunha peza de tea. Detrás e diante dela, hai iconas que representan un fluxo de traballo en acción.

562 M

Fluxos de traballo executados durante o Black Friday Cyber Monday

+1000 M

Decisións automatizadas cada mes

22 000

Traballos únicos completados por Flow

Preguntas frecuentes

Que é a automatización do comercio electrónico?

A automatización do comercio electrónico é un software deseñado para converter as tarefas, procesos ou campañas da túa empresa en automatizacións que se executan de xeito intelixente cando se necesitan. Permítelles ás empresas sacar o máximo proveito dos seus recursos.

Por que necesito a automatización do comercio electrónico?

O problema é ben sinxelo: a medida que unha empresa crece a escala, multiplícanse as esixencias, a complexidade e a repetición. Os sistemas que antes funcionaban vólvense ineficientes e acaban fallando. Para solucionalo, as empresas recorren a alternativas que requiren moito tempo (tempo que se podería dedicar ao que é importante e sacrifícase polo que é urxente, aínda que só se trate de premer botóns) ou a novas contratacións. Lamentablemente, o persoal non escala ao mesmo ritmo. Con todo, isto non lle resta valor ao equipo humano, senón que o reforza. As persoas son o teu recurso máis poderoso; sobre todo, a súa capacidade para centrarse nas actividades clave, en lugar de en tarefas que un fluxo de traballo podería facer de xeito automático.

Cales son algúns exemplos de automatización do fluxo de traballo?

A automatización do comercio electrónico pode adoptar diversas formas, como etiquetar clientes para a segmentación e o márketing, ocultar produtos e tramitar novos pedidos cando haxa poucos artigos ou estean esgotados, ou rastrexar e deter pedidos de alto risco. O obxectivo é o mesmo en todos os fluxos de traballo: permitir aos comerciantes crear o fluxo de traballo que o seu negocio necesita para crecer a escala.

Estes son algúns dos exemplos máis habituais:

  • Xestión de inventario: anula a publicación dos produtos esgotados e envíalle unha mensaxe de Slack ou un correo electrónico ao teu equipo de márketing para que deteñan a publicidade.
  • Prevención de fraudes: envía un correo electrónico para revisar un pedido de máis de 5000 € antes da súa preparación, xa que se trata dunha cantidade pouco habitual na tenda.
  • Avaliacións de produtos: crea de xeito automático un tícket de atención ao cliente e envía unha mensaxe de Slack cando se publique unha avaliación negativa.
  • Fidelidade: concede puntos de fidelidade e envía unha SMS de agradecemento tras a segunda compra dun cliente.

Como funciona a automatización do fluxo de traballo en Flow?

Flow baséase nun formato sinxelo sen código de "activador, condición e acción". Basicamente, un "activador" é un evento que Flow detecta e pon en marcha unha automatización; despois débese cumprir unha "condición" e, finalmente, a "acción" é a tarefa que se completa cando se cumpre dita condición.

Vexamos un exemplo dun fluxo de traballo que engade un cliente ao teu programa de fidelidade de xeito automático:

  • Activador: realízase un pedido.
  • Condición: o total do pedido debe ser de 500 € ou máis.
  • Acción: etiquétase o cliente como VIP no sistema.

Como podo comezar a automatizar os fluxos de traballo do meu comercio electrónico?

É moi doado. Comeza por descargar Flow na nosa tenda de aplicacións. Despois, usa un (ou varios) dos nosos modelos predefinidos que che permitirán automatizar decenas de tarefas habituais das empresas. Tamén podes crear os teus propios fluxos de traballo para resolver os problemas únicos da túa empresa. Para iso, usa o noso creador de fluxos de traballo sen código baseado en "activadores, condicións e accións".

Está dispoñible Flow noutros idiomas ademais do inglés?

Polo momento, a plataforma de Flow só está dispoñible en inglés.

Consegue Flow hoxe mesmo e empeza a crear as automatizacións que o teu negocio necesita para crecer

Shopify Flow está dispoñible para empresas de todos os países cos plans Basic, Grow, Advanced e Shopify Plus. Flow só está dispoñible en inglés.