Venda internacional

Medra en todo o mundo

Vende a máis compradores en máis rexións coa plataforma de comercio global de Shopify.

Non tes unha tenda de Shopify? Crea unha gratis

Interface do escaparate con tarxetas de produto flotantes que mostran moedas locais e bandeiras.
  • Walk London
  • Fiyah
  • WOLFpak
  • Made by Mary
  • FTC

Mercados

Lanza escaparates cun gran atractivo internacional

Os mercados permítenche adaptar facilmente a túa forma de vender a distintos grupos de compradores; todo desde unha única tenda.
Dous homes nunha tenda de skate con etiquetas de prezos locais flotantes.

Sen custos iniciais

Comeza a vender e paga comisións só por aquelas vendas con conversión.

Aumenta as vendas ata un 40 %*

Xera confianza nos compradores de calquera rexión usando ferramentas de localización gratuítas.

Expande o teu negocio a calquera lugar

Abre novos mercados con opcións de configuración automatizadas e personaliza cada detalle.

*Datos de vendas baseados nunha mostra de 567 marcas segundo un estudo de EY encargado por Shopify.

Localización

Dálles un aspecto local ás túas vendas

Crea as condicións de compra ideais para converter vendas en cada mercado.

Traducións e SEO

Axuda aos compradores a entenderen os teus produtos e mellora o teu SEO con Translate & Adapt.

Temas internacionais

Escolle entre un catálogo de temas creados con opcións de configuración multimoeda e de tradución.

URL exclusivos

Facilita que atopen a túa tenda e merquen nela grazas aos dominios internacionais como .ca ou .eu

Proceso de pagamento local e seguro

Vende en máis de 130 moedas e recibe o pagamento na túa co proceso de pagamento con mellor conversión.

Formularios de enderezos rexionais

Reduce os carros abandonados con formularios intuitivos que funcionan en calquera rexión.

Produtos específicos do mercado

Evita as restricións de produtos e envíos creando catálogos de produtos únicos.

Mantén unha maior parte dos teus ingresos

A conversión de moeda, os aranceis e os impostos de importación non teñen por que saír do teu pagamento.
Máis información sobre os prezos
Unha muller e un bebé xogando cuns xoguetes de madeira sobre a alfombra do salón.

As ferramentas de vendas internacionais de Shopify facilitáronnos enormemente a conversión de moedas e a actualización dos prezos dos produtos á hora de lanzarnos a un novo mercado.

Preguntas frecuentes

Que son os mercados?

Un mercado é un grupo de clientes que ti defines (habitualmente por país, rexión ou tipo de cliente). Con Shopify Markets, podes crear mercados para os compradores de venda polo miúdo e B2B, configurar as moedas locais e os prezos, escoller os produtos dispoñibles e adaptar a experiencia no escaparate para cada mercado. Ti configuras e xestionas todas estas opcións.

Máis información sobre a personalización do mercado.

Cal é a forma máis sinxela de comezar coa venda internacional?

Se te atopas nunha rexión admitida e vendes directamente aos consumidores, Shopify Managed Markets é a forma máis rápida de comezar. Automatiza gran parte do traballo e do risco que supón a venda transfronteiriza mediante un servizo de comerciante rexistrado (que xestiona os impostos estranxeiros e as taxas de importación), proporciona protección fronte ás devolucións de cargos admitidas e ofrece axustes automáticos nos prezos para axudarche a manter unhas marxes uniformes en todos os mercados.

No caso dos comerciantes que non se atopen en rexións admitidas, Shopify Markets permítelles a venda internacional con calquera plan. Podes configurar ao teu gusto as moedas locais, os prezos específicos dos mercados, as traducións, os aranceis e os impostos de importación.

Abre a porta ás vendas internacionais

Non tes unha tenda de Shopify? Crea unha gratis