Solucións contra a fraude

Non te limites a combater a fraude, prevena

Predí, detecta e xestiona a fraude directamente en Shopify. Accede de forma gratuíta a aprendizaxe automática avanzada, regras personalizadas e outras ferramentas de protección integradas.
Comerciante de Shopify que está a usar un portátil nunha mesa e recibe notificacións de fraude de baixo risco e alto risco

Protexe o teu negocio da fraude con novas ferramentas de gran potencia

En 2023 espérase que a fraude no comercio electrónico lles custe aos comerciantes de todo o mundo máis de 48 000 millóns de USD.¹ Deixa de perder cartos debido á fraude grazas ás ferramentas de protección gratuítas de Shopify.
Icona de ferramentas

Axiliza as túas operacións

Accede a todas as ferramentas que precisas para detectar, bloquear e disputar a fraude desde Shopify.
Gráfico cunha frecha apuntando cara arriba

Maximiza os teus ingresos

Aproba máis pedidos con total confianza usando as mellores ferramentas de bloqueo de fraude.
Pantalla cunha marca de verificación

Reduce o traballo manual

Automatiza os fluxos de traballo de fraude para xestionar os pedidos de alto risco de forma máis sinxela.

Pon a nosa rede a traballar

Aproveita a nosa tecnoloxía de aprendizaxe automática avanzada, adestrada con miles de millóns de puntos de datos da nosa rede.

+10 000 M

Transaccións procesadas por aprendizaxe automática

99,7 %

Taxa de aceptación en pedidos de Shopify²

+745 M USD

Actividade fraudulenta marcada³

Prevención

Adiántate á fraude

Protexe o teu negocio antes de sufrir a fraude, xa que é máis doado ca recuperar vendas perdidas.
Gráficos que mostran as disputas por fraude e os pedidos por nivel de risco

Regras flexibles

Controla os pedidos que queres cancelar, permitir ou revisar configurando regras personalizadas con Shopify Flow.

Capa extra de seguridade

Autentica os pagamentos de xeito automático con 3D Secure e evita as retrocesións fraudulentas.

Menos transaccións fraudulentas

Prevén a fraude con tarxeta de crédito no proceso de pagamento grazas á protección contra probas de tarxetas integrada.

Detección

Bloquea os compradores fraudulentos, non os reais

Panel de control de análise de fraude

Toma decisións baseadas en datos

Usa a análise de fraude para decidir que pedidos preparar en función das perspectivas clave e dos niveis de risco dos pedidos.

Identifica os compradores fraudulentos

Marca os compradores de alto risco de xeito automático mediante a detección de proxy.

Limita a apropiación de contas

Recibe notificacións cando se produza calquera actividade sospeitosa ou un ataque coñecido na túa tenda.

Xestión

Mantén a túa atención nas vendas

Gasta menos tempo e diñeiro na fraude e fai que facer medrar o teu negocio sexa a túa principal prioridade.

Maiores taxas de aprobación

Maximiza os teus ingresos e as túas taxas de aprobación coa optimización de autorizacións integrada.

Resolucións de disputas automatizadas

Deixa que a xestión de disputas funcione en piloto automático mentres ti te centras en dirixir o teu negocio.

Controis avanzados

Crea a túa propia lista de usuarios permitidos e bloqueados para poder rastrexar os estafadores.
Gráficos que mostran o volume de pedidos de baixo risco e a taxa de aceptación do 99,7 %

Shopify xa protexe millóns de marcas contra a fraude

  • Logotipo de Mignonne Gavigan
  • Logotipo de Blendjet
  • Logotipo de Birdies
  • Logotipo de AV
  • Logotipo de Hatclub
  • Logotipo de Glorious

Desde que cambiamos a Shopify Payments, aprobamos o 99,9 % dos nosos pedidos de Shopify e a fraude deixou de ser un problema.

Mignonne Gavigan

Jade Sperling — Vicepresidenta de Crecemento e Análise
Portátil dun comerciante de Shopify coa páxina de pago de Shopify Payments

Desbloquea ferramentas contra a fraude gratuítas con Shopify Payments

Activa Shopify Payments e saca partido de ferramentas de protección gratuítas.

Cubrímosche as costas

Icona duns auriculares

Centro de axuda

Máis información sobre as novas ferramentas de protección contra a fraude de Shopify.
Icona dun bloc de notas

Blog

Descobre como a tecnoloxía de Shopify protexe millóns de comerciantes.
Icona de burbullas de chat

Soporte

Contacta co noso equipo de asistencia.